Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

A Xunta impulsa unha guía dixital para promover en Nadal agasallos de produtos galegos entre a mocidade

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentaron hoxe en Santiago ‘Un novo Nadal. Guía de agasallos para a mocidade’

A publicación ofrece diversas propostas nos ámbitos da literatura, música, cine, xoguetes, roupa, artesanía ou arte sempre que inclúan a lingua galega ou a empreguen na súa difusión ou venda

A guía está dispoñible para a súa descarga e consulta na webhttp://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/agasallosnadal13.pdf 

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado e o secretario xeral de Política Lingüística presentaron a guía dixital Un novo Nadal

    O director xeral de Xuventude e Voluntariado e o secretario xeral de Política Lingüística presentaron a guía dixital Un novo Nadal
    Autor: Conchi Paz
  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado e o secretario xeral de Política Lingüística presentaron a guía dixital Un novo Nadal

    O director xeral de Xuventude e Voluntariado e o secretario xeral de Política Lingüística presentaron a guía dixital Un novo Nadal
    Autor: Conchi Paz
  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado e o secretario xeral de Política Lingüística presentaron a guía dixital Un novo Nadal

    O director xeral de Xuventude e Voluntariado e o secretario xeral de Política Lingüística presentaron a guía dixital Un novo Nadal
    Autor: Conchi Paz

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2013.- As consellerías de Traballo e Benestar e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria veñen de elaborar unha guía dixital para promover ao longo das festas de Nadal agasallos de produtos galegos, que presentaron hoxe en Santiago o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

`’Un novo Nadal. Guía de agasallos para a mocidade’ recolle diversas propostas nos ámbitos da literatura, música, cine, contidos dixitais galegos, xoguetes, roupa, artesanía, arte e outros agasallos creativos, que inclúen a lingua galega ou a empregan na súa difusión e venda. A publicación tamén conta cunha boa selección de produtos gastronómicos de calidade, xunto cunha selección de experiencias únicas para o tempo de lecer. A guía está dispoñible para a súa descarga e consulta na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, na direcciónhttp://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/agasallosnadal13.pdf.

Rodeiro destacou que a guía conxuga “a tradición coa modernidade para dinamizar a lingua galega á vez que se pon en valor o produto galego, feito na nosa terra, de inmellorable calidade”. Sinalou, ademais, a importancia da promoción do galego e, por iso, lembrou que é unha das prioridades da Estratexia de Xuventude 2013, así como da primeira Lei de Xuventude de Galicia. Desde a aprobación da normativa, as políticas de promoción e dinamización do galego entre a mocidade forman parte dos sucesivos Plans Estratéxicos de Xuventude.

‘Nadal en Rede’
Pola súa banda, García explicou que ‘Un novo Nadal. Guía de agasallos en galego para a mocidade’ forma parte da campaña de ‘Nadal en Rede 2013’ impulsada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta.

Trátase, segundo García, dun programa destinado á galeguización do Nadal que nesta edición convida á poboación galega a gozar das festas de Nadal cunha ampla programación que inclúe, ademais da guía de agasallos, o espectáculo de monicreques O Crebanoces; o obradoiro de cantos de Nadal Cantámosche os reis; as visitas dos tres Magos de Oriente a centros escolares de infantil e primaria, “Lingua de Reis”; as “Cartas ás Súas Maxestades de Oriente” e mais o “Libro dos Reis Magos”, en formato electrónico; e o espazo virtual “Postais en galego.com”, desde o que se poderán enviar postais electrónicas para felicitar as festas.

Para concluír, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, animou á mocidade a consumir produtos en galego ou que utilizan o galego na súa etiquetaxe e distribución, porque “están asociados á autenticidade e á calidade”. Valentín García explicou que, por este motivo, estes produtos levan un plus de exclusividade e de distinción e “son máis nosos, máis de sempre, e asemade máis dinámicos, orixinais e innovadores”.

Single Post Navigation

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: