Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Maio 2, 2013”

OPORTUNIDADES DE EMPREGO EN CANADÁ

O Servizo Estatal Público de Emprego recolle  oportunidade laboral en Canadá,  ofrece traballo a 110 soldadores, operadores de máquinas pesadas e mecánicos de máquinas pesadas que estéan interesados en viaxar a este país norteamericano.

A empresa Drake International Inc. pretende cubrir 30 vacantes de soldadores, 70 prazas de operadores de maquinaria pesada e 10 de mecánicos de maquinaria pesada. O lugar do posto de traballo é nas explotacións petroléferas en Cold Lake Area, na provincia de Alberta, en Canadá para os primeiros  noutros lugares de esa mesma provincia canadiana para o resto.Pagaráse a viaxe de desprazamento a Canadá.

Requistitos: Bo nivel de inglés, titulación de FP cunha experiencia mínima de 6 meses para os soldadores, en canto aos operadores e mecánicos grao superior de FP máis 5 anos de experiencia.

Soamente se terán en conta AOS SOLICITANTES QUE REMITAN O CV EN INGLÉS  a: fblasco@na.drakeintl.com

Para ter máis información picade nas seguintes ligazóns:

 

OFERTA PARA CHILE

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Xerente de explotación eólica para Chile.

O ISSGA formará a 150 persoas a través dun curso de prevención de riscos laborais en liña

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde laboral (ISSGA) comeza mañá tres novas edicións do curso básico de prevención de riscos laborais en liña

A través desta iniciativa, búscase formar a 450 persoas en total ao longo do ano

Ademais da oferta formativa en liña, o ISSGA tamén organiza actividades de formación presencial nas catro provincias, así como xornadas técnicas

Santiago, 29 de abril de 2013.- O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) formará, a partir de mañá, a 150 persoas a través do curso básico de prevención de riscos laborais en liña.Estes cursos en liña impártense en colaboración coa Escola galega de administración pública (EGAP).

Hoxe rematan as tres primeiras edicións, que realizaron outras 150 persoas e quedan pendentes tres novos cursos para final de ano, co que se formarán a 450 persoas en total a través desta modalidade.

Estes cursos teñen unha duración aproximada de dous meses e finalizarán cun exame presencial en cada un dos centros do ISSGA. Os seus obxectivos son proporcionar o nivel e capacitación necesario para desenvolver funcións de xestión da prevención (establecida no artigo 35 do regulamento dos servizos de prevención); e facilitar aos empresarios a formación e os coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas propias empresas ou centros de traballo.

A formación en liña, que facilita o acceso á formación das persoas con dificultades para acudir ás aulas por diversos motivos, compleméntase cos cursos presenciais e as distintas xornadas.

Para este ano 2013 está prevista a realización de 12 cursos básicos de prevención de riscos laborais presenciais que terán lugar nos catro centros provinciais do ISSGA. Xa tiveron lugar 6 deles coa asistencia de 250 persoas, así como 6 das 24 xornadas técnicas que sobre diversos temas de interese preventivo están programadas para este ano, coa asistencia de 561 persoas.

Oferta formativa do ISSGA
A Lei de prevención de riscos laborais establece a obriga de proporcionar aos traballadores a formación suficiente e axeitada sobre os riscos que afectan aos seus postos de traballo.

Así mesmo, a lei encomenda ás administracións públicas o desenvolvemento de accións de formación, información e divulgación que contribúan, xunto aos empresarios e traballadores, ao logro dos obxectivos de mellora progresiva das condicións de traballo.

A formación, xunto coa información, promoción e asesoramento en materia de seguridade laboral, constitúe unhas das ferramentas máis axeitadas para promover unha auténtica cultura preventiva no conxunto da sociedade.

Neste liña, a oferta formativa do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), que se desenvolve tanto presencialmente nos seus centros provinciais, como en liña e a través da aula virtual, ten o propósito de proporcionar formación de calidade nesta materia dando cumprimento ao Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2011–2014.

 

Navegación de artigos