Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Febreiro, 2013”

Resolución de 8 de febrero de 2013, del Ayuntamiento de Piélagos (Cantabria), referente a la convocatoria para proveer una plaza.

En el «Boletín Oficial del Estado» número 24, de 28 de enero de 2013, se ha publicado  la Resolución de 15 de enero de 2013, referente a la convocatoria para proveer una plaza  de Trabajador Social, de la plantilla de personal laboral fijo, a cubrir por el sistema de  concurso-oposición, en turno libre, según las bases publicadas en el «Boletín Oficial de  Cantabria» número 7, de 11 de enero de 2013.
En el «Boletín Oficial de Cantabria» número 27, de 8 de febrero de 2013, se ha
publicado anuncio de rectificación de dichas bases.
Se abre un nuevo plazo de presentación de instancias de veinte días naturales, a
partir del siguiente a la publicación de la presente resolución en el «Boletín Oficial del  Estado».
Piélagos, 8 de febrero de 2013.–El Alcalde, Enrique Torre Bolado.

Advertisements

Se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2013.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de decembro de 2012 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2013.

DESEMPREGO NA NOSA COMARCA

Picando nesta ligazón podes ver os datos publicados pola Consellería de Traballo e Benestar sobre o desemprego na nosa comarca.

OFERTAS DO S.P.E.G.

Se picas nesta ligazón podes ver ofertas actualizadas do Servizo Público de Emprego de Galiza.

Infojobs incorpora una opción para descargarse un certificado para solicitar el Prepara

InfoJobs ha lanzado un nuevo servicio para ayudar a los candidatos a justificar que han buscado activamente un empleo y poder cumplir así con uno de los requisitos que se precisan para acceder a determinadas ayudas, entre ellas las del Plan Prepara.

Este programa exige que el solicitante acredite haber buscado activamente trabajo durante al menos 30 días desde la pérdida de otras prestaciones.

   La directora de Marketing de InfoJobs, Anna Quintero, ha explicado que hasta ahora los desempleados no tenían más soluciones que entregar capturas de pantalla de las ofertas de empleo a las que accedían o incluso pedir justificantes tras una entrevista de trabajo.

 

   Ahora, añade, con el justificante de InfoJobs, los interesados tendrán una acreditación oficial de un portal de empleo que corroborará que están intentando acceder de nuevo al mercado laboral.

   La acreditación puede obtenerse a través del menú del candidato en el apartado “Mis candidaturas”. El objetivo, según Quintero, es que los seis millones de desempleados puedan presentar esta certificación para percibir la prestación por desempleo, pedir una ayuda social, acceder a programas de formación, etc.

RELACIÓN DAS OCUPACIÓNS MÁIS DEMANDADAS NA MARIÑA OCCIDENTAL

A continuación, segundo os datos facilitados polo Instituto Galego das Cualificacións, reflicto as ocupacións máis contratadas na Mariña Occidental (Cervo, Xove, Ourol, Viceo e Viveiro).

Datos referentes ao ano 2.012.

 

Camareiro asalariado: 631 Contratados.

Pescadores de altura: 405 Contratados.

Vendedores en tendas e almacéns: 238 Contratados.

Cociñeiros asalariados: 207 Contratados.

Persoal de limpeza de oficinas, hoteis e outros: 189 Contratados.

Peóns Industria manufactureira: 138 Contratados.

Peóns acuicultura: 101 Contratados.

Condutores asalariados de camións: 99 Contratados.

Peóns de transporte de mercadorias e descargadores: 96 Contratados.

Mecánicos e reparadores de equipos eléctricos: 95 Contratados.

Traballadores dos coidados persoais a domicilio: 88 Contratados.

Axudantes de cociña: 79 Contratados.

Albaneis: 76 Contratados.

Enfermeiros non especializados: 72 Contratados.

Compositores, músicos e cantantes: 61 Contratados.

Traballadores cualificados en actividades forestais e do medio natural: 61 Contratados.

Axustadores e operadores de máquinas-ferramenta: 55 Contratados.

Técnicos en instalacións de produción de enerxía: 53 Contratados.

Operadores en instalacións para a obtención e transformación de metais: 53 Contratados.

Mecánicos e axustadores de maquinaria agrícola e industrial: 51 Contratados.

OFERTA PARA VIVEIRO

Se picas nesta ligazón podes ver unha oferta de masaxista para Hotel de Viveiro.

OFERTA EN RIBADEO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta para a Cociña en Ribadeo.

Feijóo avanza unha axuda de entre 4.000 e 6.000 euros para os autónomos que contraten ao seu primeiro traballador e entre 5.000 e 7.000 euros para a contratación do segundo e do terceiro empregado

Afirma que a loita contra o paro sigue sendo unha das prioridades da Xunta e subliñou que o Goberno galego seguirá traballando por manter unha comunidade solvente e incluso por mellorar os servizos públicos

Lembra que nos primeiros 70 días a Xunta: presentou os presupostos, garantiu a solvencia da comunidade, aportou 8 millóns para innovación, mobilizáronse 60 millóns máis no sector naval, o prezo do leite se incrementou un 10% e pactáronse medidas en materia de desemprego como 14.000 cursos para formación e contrato de aprendizaxe cos axentes sociais

Destaca que Galicia é a segunda comunidade onde menos creceu o paro nos últimos catro anos

Sobre o naval, asegura que o Goberno galego non vai cambiar o seu plantexamento: “Non hai outra posibilidade que carga de traballo ou carga de traballo”

Resalta unha nova Lei da Renda de Integración Social de Galicia, facendo tramos en función das necesidades e compatibilizando o emprego coa RISGA; e a creación de 5.000 novas prazas de Benestar

Anuncia a actualización dos bens dos membros do Goberno galego e a decisión de publicar os datos de renda e de patrimonio “de antes de ser presidente e durante todos os anos de presidente”

Santiago, 13 de febreiro de 2013.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, durante a sesión de control no Parlamento, que o Goberno galego cumprirá o seu compromiso electoral de axudar a que os autónomos contraten ata o seu terceiro empregado. E, deste xeito, precisou unha axuda de entre 4.000 e 6.000 euros para os autónomos que contraten ao seu primeiro traballador e entre 5.000 e 7.000 euros para a contratación do segundo e do terceiro empregado.

Durante a súa intervención, Feijóo afirmou que a loita contra o paro sigue sendo unha das prioridades da Xunta e subliñou que o Goberno galego seguirá traballando por manter unha comunidade solvente e incluso por mellorar os servizos públicos, a pesares da crise económica.

Neste sentido, recordou que nos primeiros 70 días: “Este Goberno presentou os presupostos da comunidade en 17 días hábiles desde que tomou posesión; ningún Goberno de España fora capaz de presentar as súas contas no primeiro mes no que tomou posesión. Garantimos o endebedamento da comunidade aos catro días de que o Consello de Ministros autorizase o endebedamento, é dicir, garantimos a solvencia da comunidade. Aportamos 8 millóns de euros máis aos nosos compromisos coa innovación. Puxemos a disposición diñeiro suficiente para mobilizar 60 millóns de euros máis no sector naval. Chegamos a un acordo no sector lácteo e o prezo do leite se incrementou nos últimos meses un 10%. E estamos pactando medidas en materia de desemprego como, por exemplo, 14.000 cursos para formación de parados e contrato de aprendizaxe cos axentes sociais”.

Diante destas medidas, Feijóo subliñou que, en relación ao paro interanual, de xaneiro do ano 12 a xaneiro do ano 13, Galicia é a cuarta comunidade autónoma onde menos creceu o paro. “Somos –dixo- a segunda comunidade onde menos creceu o paro nos últimos catro anos e, en referencia á Enquisa de Poboación Activa, seguimos con cinco puntos por debaixo da media de España”.

Así mesmo, reiterou que a Xunta seguirá a traballar polo sector naval; “para que en Ferrol haxa carga de traballo”. “Non hai outra posibilidade que carga de traballo ou carga de traballo. Ou barcos ou dique. Non nos imos mover do que estamos plantexando para a ría de Ferrol ou para a ría de Vigo”, sentenciou.

Unha nova Lei da Renda de Integración Social de Galicia
No eido social, Feijóo recordou que na pasada lexislatura creáronse 6.000 prazas de Benestar; “e imos crear outras 5.000”, adiantou, logo de precisar que en Galicia hai o cuádruplo de dependentes atendidos en plena crise económica que en época de bonanza, durante o bipartito. “Estamos facendo e ampliando hospitais públicos e diminuímos as listas de espera”, insistiu.

Consciente dos problemas que están a sufrir os máis débiles, Feijóo destacou que a Xunta incrementou o orzamento da RISGA nun 38% e un 29% os seus compromisos coa emerxencia social. “E imos traer á Cámara unha nova Lei da Renda de Integración Social de Galicia, facendo tramos en función das necesidades e compatibilizando o emprego coa RISGA”.

Feijóo asegurou que o Goberno galego seguirá traballando “porque estamos ao lado das persoas que máis o necesitan, porque estas persoas nos deron a súa confianza; e seguirá dando a cara e facendo propostas e mirando cara a diante a pesares da herdanza que nos deixaron”, dixo, en alusión ao Bipartito e ao Goberno de Zapatero.

Durante a sesión de control, o titular da Xunta pediu ao líder do PSdeG que reflexione sobre qué quere para si e para o seu partido: “Se quere un partido que siga as algaradas dos demais; ou se quere un partido que faga unha proposta construtiva. Ten vostede unha oportunidade de colaborar fronte aos problemas que crearon ou ser un problema para o seu partido e para Galicia. Nós imos seguir polo mesmo vieiro, xestionar con responsabilidade, corrixir os erros do pasado, despexar o futuro e dedicarnos a Galicia”.

 

Publicación dos datos de renda e de patrimonio do presidente da Xunta
O presidente da Xunta afirmou que o Executivo galego seguirá traballando, tamén, en materia de transparencia, de organización, de colaboración coa xustiza e as institucións e en materia de propia responsabilidade interna. E, neste eido, lembrou que Galicia é unha das comunidades autónomas máis transparente de España.

“Este Goberno é o primeiro que publica os seus bens no Diario Oficial de Galicia. E este Parlamento foi, na anterior lexislatura, o primeiro Parlamento que publicou en 30 anos de autonomía os bens dos seus deputados. En materia de organización, intentamos diminuír o malgasto e, en persoal de gabinete reducimos nun 36% o noso gasto sobre a anterior lexislatura; en alugueiros un 35%; en dietas de locomoción reducimos un 64% o gasto, de 13 millóns de euros no ano 2008 co bipartito a 4,6 millóns; e, en materia de atencións protocolarias un 68,5%”.

Feijóo defendeu que a Xunta é unha administración limpa; “e este Goberno é un goberno honesto”. E, neste senso, anunciou, “por responsabilidade e porque creo que este momento o esixe”, a actualización dos bens dos membros do Goberno galego e a decisión de publicar os datos de renda e de patrimonio “de antes de ser presidente e durante todos os anos de presidente”.

 

OFERTA PARA VIVEIRO

Se picas nesta ligazón podes ver unha oferta de Cociñeiro/a para Viveiro publicado no SEPE.

Navegación de artigos