Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

ANUNCIO das bases que rexen a convocatoria para a selección dunha praza de policía local incluída na oferta de emprego público de 2010.

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO das bases que rexen a convocatoria para a selección dunha praza de policía local incluída na oferta de emprego público de 2010.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 8 de novembro de 2012, aprobou a convocatoria e bases da praza vacante no cadro de persoal deste concello abaixo indicado.

Praza de funcionario de carreira, de acordo coa oferta de emprego público deste concello para 2010 (publicada no BOP da Coruña do 28 de xaneiro de 2011), polo procedemento de selección de oposición e acceso turno libre, do grupo C, subgrupo C1, dos establecidos no artigo 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, da escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, denominación policía local.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da última publicación dos tres anuncios da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia.

O anuncio extenso da convocatoria publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 226, do 27 de novembro de 2012. As correccións e as sucesivas publicacións faranse no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello.

Santa Comba, 16 de xaneiro de 2013

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde presidente

Advertisements

Single Post Navigation

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: