Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 23 de maio de 2012 pola que se modifica a do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013.

A Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013 (DOG n.º 15, do 23 de xaneiro de 2012), establece no seu artigo 4 que na concesión destas subvencións se destina a cantidade de 585.000 euros a cargo da aplicación orzamentaria 12.08.313C.481.6.

Ao existir outras dotacións dispoñibles para o mesmo fin procedentes de remanentes incorporados ao presente exercicio, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás subvencións que poderán ser concedidas ao abeiro da dita orde coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro. Ampliar o importe total das subvencións que se van conceder ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013 na contía total de 14.559,72 euros con cargo á aplicación orzamentaria 12.08.313C.481.4

Segundo. Esta ampliación de crédito suporá un importe total de 599.559,72 €.

Terceiro. Esta modificación non afecta o prazo establecido na orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

Advertisements

Single Post Navigation

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: