Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 11 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a pemes en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo, e se convocan para o exercicio 2012.

A Constitución española no seu artigo 9.2.º establece que corresponde aos poderes públicos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas, remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os cidadáns na vida política, económica e social.

Así mesmo, no seu artigo 14 a Constitución española recoñece que os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

No que atinxe á Comunidade Autónoma de Galicia, o artigo 4 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia, sinala que corresponde aos poderes públicos galegos promover as condicións para que a liberdade e igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas, remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación dos galegos na vida política, económica, cultural e social.

Atendendo a estes mandados elaborouse a Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, e a Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia e, en desenvolvemento do título II de esta última lei, publicouse o Decreto 33/2009, do 21 de xaneiro, polo que se regula a promoción da igualdade nas empresas e a integración do principio de igualdade nas políticas de emprego no cal se pretende, en desenvolvemento das competencias asumidas pola Xunta de Galicia conforme o Estatuto e a Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, ir un paso máis aló.

Así, a consecución da inserción laboral en clave de igualdade laboral convértese nunha das claves para facer efectivo o principio de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, xa que este é un dos ámbitos onde, ata o de agora, foi máis visible a desigualdade.

Por outra banda, o Decreto 109/2012, do 22 de marzo (DOG n.º 73, do 17 de abril), establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar. En virtude desta normativa, a Consellería de Traballo e Benestar é competente nas materias de emprego e relacións laborais establecidas na Lei 2/2007, do 27 de marzo, de traballo en igualdade das mulleres galegas, e nas súas normas de desenvolvemento.

Advertisements

Single Post Navigation

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: