Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Maio 31, 2012”

OFERTA PARA ORTIGUEIRA

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Mestre Panadeiro para Ortigueira.

Advertisements

OFERTA PARA VIVEIRO

Picando nesta ligazón pode ver unha oferta de dependenta para Viveiro publicada na ETT RANDSTAD.

OFERTA PARA BURELA

Se picas nesta ligazón podes ver unha oferta de repoñedor/a de vending para Burela.

Concello de Lalín, unha praza de técnico de Administración xeral, grupo A1,

 

ANUNCIO sobre convocatoria de praza de técnico de Administración xeral.

No BOP de Pontevedra do 23 de maio de 2012, publicáronse o texto íntegro das bases e mais a convocatoria para cubrir unha praza de técnico de Administración xeral, grupo A1, escala de Administración xeral, subescala técnica, polo sistema de oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lalín, 24 de maio de 2012.

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde

unha bolsa de formación en competencias técnicas vinculadas a sistemas de xestión da teleformación.

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012 pola que se convoca unha bolsa de formación en competencias técnicas vinculadas a sistemas de xestión da teleformación.

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012 pola que se convoca unha bolsa de formación na área de documentación e biblioteconomía.

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012 pola que se convoca unha bolsa de formación na área de documentación e biblioteconomía.

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 23 de maio de 2012 pola que se modifica a do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013.

A Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013 (DOG n.º 15, do 23 de xaneiro de 2012), establece no seu artigo 4 que na concesión destas subvencións se destina a cantidade de 585.000 euros a cargo da aplicación orzamentaria 12.08.313C.481.6.

Ao existir outras dotacións dispoñibles para o mesmo fin procedentes de remanentes incorporados ao presente exercicio, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás subvencións que poderán ser concedidas ao abeiro da dita orde coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro. Ampliar o importe total das subvencións que se van conceder ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013 na contía total de 14.559,72 euros con cargo á aplicación orzamentaria 12.08.313C.481.4

Segundo. Esta ampliación de crédito suporá un importe total de 599.559,72 €.

Terceiro. Esta modificación non afecta o prazo establecido na orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 11 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a pemes en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo, e se convocan para o exercicio 2012.

A Constitución española no seu artigo 9.2.º establece que corresponde aos poderes públicos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas, remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os cidadáns na vida política, económica e social.

Así mesmo, no seu artigo 14 a Constitución española recoñece que os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

No que atinxe á Comunidade Autónoma de Galicia, o artigo 4 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia, sinala que corresponde aos poderes públicos galegos promover as condicións para que a liberdade e igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas, remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación dos galegos na vida política, económica, cultural e social.

Atendendo a estes mandados elaborouse a Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, e a Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia e, en desenvolvemento do título II de esta última lei, publicouse o Decreto 33/2009, do 21 de xaneiro, polo que se regula a promoción da igualdade nas empresas e a integración do principio de igualdade nas políticas de emprego no cal se pretende, en desenvolvemento das competencias asumidas pola Xunta de Galicia conforme o Estatuto e a Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, ir un paso máis aló.

Así, a consecución da inserción laboral en clave de igualdade laboral convértese nunha das claves para facer efectivo o principio de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, xa que este é un dos ámbitos onde, ata o de agora, foi máis visible a desigualdade.

Por outra banda, o Decreto 109/2012, do 22 de marzo (DOG n.º 73, do 17 de abril), establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar. En virtude desta normativa, a Consellería de Traballo e Benestar é competente nas materias de emprego e relacións laborais establecidas na Lei 2/2007, do 27 de marzo, de traballo en igualdade das mulleres galegas, e nas súas normas de desenvolvemento.

A Xunta destina 2 millóns de euros a axudas a proxectos innovadores que contribúan ao desenvolvemento do sector pesqueiro

 

A Consellería incentiva o I+D+i con subvencións á realización de proxectos piloto dirixidos á adquisición e difusión de novos coñecementos técnicos

Na baremación dos proxectos terase en conta a contratación de persoas que remataran os seus estudos nos últimos 18 meses de persoas que perdesen o seu emprego nos últimos 18 meses e tamén aquelas maiores de 40 anos que estean inscritas no Servizo Galego de Colocación.

Santiago, 30 de maio de 2012.- A Consellería do Medio Rural e do Mar destinará 2 millóns de euros a subvencionar a realización de proxectos innovadores dirixidos á adquisición e difusión de novos coñecementos técnicos no sector pesqueiro. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases reguladoras para a concesión destas axudas coas que se pretende incentivar o I+D+i no ámbito da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

Estas axudas teñen como obxecto de financiamento as iniciativas destinadas a comprobar a viabilidade técnica ou económica dunha tecnoloxía innovadora. Tamén contribúen ao financiamento de iniciativas para desenvolver e probar métodos para mellorar a selectividade das artes de pesca, reducir as capturas accesorias, os descartes ou o impacto ambiental no fondo mariño. Ademais son obxecto de axudas a realización de probas sobre plans de xestión ou de asignación do esforzo pesqueiro, incluso de zonas de veda, co obxecto de avaliar as consecuencias biolóxicas e financeiras e a repoboación experimental.

Os proxectos deberán acompañarse dun seguimento científico, a fin de producir resultados significativos. Este seguimento deberá ser realizado por un organismo público como o Instituto Español de Oceanografía (IEO), o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), os centros científicos dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar ou a Universidade.

Os beneficiarios poden ser empresas ou unións temporais de empresas, asociacións empresariais, organizacións de produtores pesqueiros, confrarías, cooperativas, centros tecnolóxicos ou calquera outro organismo de investigación e desenvolvemento con participación privada maioritaria sempre que teñan a súa sede social en Galicia e realicen a súa actividade nesta comunidade.

A diferenza das bases anteriores, este ano na baremación dos proxectos terase en conta a contratación de persoas que remataran os seus estudos nos últimos 18 meses. Ademais puntuará, como xa se fixo o ano pasado, que se contrate a persoas que perdesen o seu emprego nos últimos 18 meses e tamén aquelas maiores de 40 anos que estean inscritas no Servizo Galego de Colocación

O prazo de presentación das solicitudes para esta convocatoria será de 45 días dende mañá. Os interesados poden consultar a documentación e requisitos de presentación no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

Navegación de artigos