Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Maio 29, 2012”

OFERTA DE EMPREGO PARA A MARIÑA

A empresa de traballo temporal RANDSTAD de Lugo solicitoume o seguinte perfil:

MECÁNICO CON FP2 EN AUTOMOCIÓN E CUN MÍNIMO DE DOUS ANOS DE EXPERIENCIA NO SECTOR “TALLER DE AUTOMOCIÓN” (OS QUE NON CUMPRAN OS REQUISITOS ESCUSAN MANDAR O CV)

CONDICIÓNS:

HORARIOS: SEMANA 1 MAÑA DE 8.15 A 14.30 DE LUNS A VENRES.

SEMANA 2: DE 14.30 A 20.45 DE LUNS A VENRES E OS SÁBADOS DE 08.15 A 14.30.

A DURACIÓN DO CONTRATO DEPENDE DA VACANTE DO 16.07.2012 AO 13.10.2012

 

INTERESADOS/AS PÓRSE EN CONTACTO EN RANDSTAD LUGO

lugo.unidad.1@randstad.es

Advertisements

39 prazas de emprego temporal socorristas concello de Ribeira

Convoca en Ribeira (A Coruña) 39 prazas de emprego temporal para socorristas

O Concello de Ribeira iniciou o proceso para a  contratación de 39 socorristas acuáticos para que se encarguen do servizo de salvamento nas praias do municipio. A vixianza na costa do municipio coruñés  desenvolveráse entre o 1 de xullo e o 31 de agosto.

O Concello tamén prevé a posibilidade de que a prestación comece antes ou se extenda no tempo en función da afluencia de xente ás praias.

Requisitos que deben cumplir os candidatos:

. Ter cumplidos os 16 anos  non exceder a idade de xubilación forzosa.

– Esta en posesión, ou en condicións de obtelo o certificado de escolaridade, expedido polas autoridades competentes

– Ter solicitada a inscripción no Registro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galiza, na sección correspondente a socorristas en espazos acuáticos naturais.

– Estar en posesión do titulo de socorrista acuático.

Aquelas persoas que estén interesadas poden ler aquí a convocatoria.

subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 15 de maio de 2012 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Navegación de artigos