Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Maio 2, 2012”

OFERTAS DE EMPREGO DO S.P.E.G

Picando nesta ligazón podes ver as ofertas do Servizo Público de Emprego de Galiza publicadas para esta semana.

Advertisements

Concello de Lugo

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de bases específicas e convocatoria de prazas de funcionarios e persoal laboral.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 157, do 9 de xullo de 2008, publicáronse as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

Estas bases xerais foron modificadas por acordo da Xunta de Goberno Local e publicada esta modificación no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 51, do 4 de marzo de 2009.

No Boletín Oficial de provincia de Lugo número 75, do 30 de marzo de 2012, publicouse resolución das bases específicas e convocatoria que rexerán xunto coas anteriores bases xerais, o seguinte procedemento selectivo:

Persoal funcionario (quenda libre):

– Resolución 12002048. 1 praza de técnico/a superior en informática, encadrada na escala de Administración especial; subescala: técnica; clase: auxiliar; grupo de titulación C, subgrupo C1. Sistema selectivo: oposición.

Lugo, 30 de marzo de 2012.

José Clemente López Orozco
Alcalde

concesión das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios

Consellería do Medio Rural e do Mar ORDE do 19 de abril de 2012 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia convocadas pola Orde do 23 de decembro de 2011.

bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvoltos por consellos reguladores

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 19 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvoltos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2012.

concesión de subvencións a entidades de iniciativa social

Consellería de Traballo e Benestar ORDE do 13 de abril de 2012 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para o mantemento e a promoción de actividades e proxectos na área de servizos sociais comunitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Navegación de artigos