Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Febreiro, 2012”

modificación bases axudas igape proxectos colectivos empresariais

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2012 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Igape polo que se modifican as bases reguladoras das axudas do Igape aos proxectos colectivos empresariais, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

modificación bases reorientación e competitividade pemes galegas

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2012 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Igape polo que se modifican as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) á reorientación e competitividade das pemes galegas, en parte cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Promoción do emprego autónomo (TR341D)

Axuda

Promoción do emprego autónomo (TR341D)

Subvencións do custo salarial para o mantemento de centros especiais de emprego

Subvencións do custo salarial para o mantemento de centros especiais de emprego (TR341M)

OFERTA PARA FOZ

OFERTA DE CONDUTOR DE CAMIÓN CISTERNA PARA TRANSPORTE DE CAL EN FOZ. PARA VER A OFERTA PICA NA LIGAZÓN.

OFERTA PARA VIVEIRO

OFERTA DE RECEPCIONISTA PARA VIVEIRO PICA NA LIGAZÓN PARA TER MAIS INFORMACIÓN.

OFERTA PARA A MARIÑA

OFERTA DE ELECTROHIDRÁULICO/A

Xunta e Inspección de Traballo colaborarán nunha campaña para intensificar o control dos expedientes de regulación de emprego

Xunta e Inspección de Traballo colaborarán nunha campaña para intensificar o control dos expedientes de regulación de emprego

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu hoxe a Comisión territorial da Inspección de traballo e seguridade social de Galicia, onde se aprobaron os obxectivos para o ano 2012

 Esta programación nace dunha “análise rigorosa, que foi perfilada coas Administracións e os distintos axentes sociais”

 A nova campaña de seguimento dos ERE centrarase nos de suspensión da actividade e de redución da xornada

 Tamén se continuará realizando un seguimento intensivo das condicións de seguridade no traballo, a prevención de riscos laborais, ou a loita contra a discriminación e o emprego irregular

OFERTA PARA VIVEIRO

OFERTA DE DEPENDENTA PARA VIVEIRO

PROBAS DE COMPETENCIAS CLAVE.

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Comunicamos que está aberta a nova convocatoria das probas de avaliación de Competencias Clave (febreiro2012). As competencias clave son necesarias para acceder a cursar os novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 para aquelas persoas que non posúan os requisitos formativos e académicos de acceso a ditos certificados.

 As competencias clave convocadas son: 

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua estranxeira, Inglés.
  • Competencia matemática.
  • Competencia en tecnoloxía.
  • Competencia en ciencia.
  • Competencia dixital.

 

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 2 de marzo de 2012.

 

 

Navegación de artigos