Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Febreiro 10, 2012”

OFERTA PARA BURELA

OFERTA DE CLIENTE MISTERIOSO, PARA VELA PICA NA LIGAZÓN.

Traballo destinará preto de 3,2 millóns de euros para fomentar o cooperativismo e a economía social

O director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, inaugurou hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) unha xornada sobre axudas ao cooperativismo e economía social, a Rede Eusumo e o proxecto Coopera +

Destacou que a Xunta investirá uns 2,7 millóns de euros no programa do fomento do emprego en empresas de economía social e promoción do cooperativismo

Tamén apuntou que existe unha liña de axudas, dotada con máis 400.000 euros, para financiar as actividades que leven a cabo concellos e entidades locais para difundir esta fórmula profesional

Estímase que se beneficiarán desta orde de axudas preto de 280 cooperativas e unhas 20 agrupacións de concellos

O investimento total destinado a cooperativismo e economía social en 2012 ascenderá a máis de seis millóns de euros.

OFERTA COMPLEMENTARIA DE EMPREGO PÚBLICO CONSORCIO

O Consorcio propón aos sindicatos

comezar a executar este ano a

oferta complementaria de emprego

 público de 2008

A elaboración das bases da convocatoria podería iniciarse de forma inmediata

Nunha primeira fase se convocarían as prazas de servizos centrais e de escolas infantís e a continuación, as de centros de maiores

Tamén se elaborará unha RPT do Consorcio

O xerente presentou estas propostas esta mañá nunha xuntanza cos sindicatos

Ambas medidas enmárcanse no proceso de posta en marcha da Axencia de Servizos Sociais

GUÍA PARA O FOMENTO DO EMPREGO NOS PEQUENOS CONCELLOS DO ESTADO ESPAÑOL

GUÍA PARA O FOMENTO DO EMPREGO VERDE  NOS PEQUENOS CONCELLOS DO ESTADO ESPAÑOL

Navegación de artigos