Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Xaneiro 9, 2012”

Oferta emprego Pontedeume

CONCELLO DE PONTEDEUME ANUNCIO da oferta de emprego público de 2011. Por resolución da Alcaldía apróbase a oferta de emprego público do Concello de Pontedeume (A Coruña) para 2011.

Oferta de emprego público 2011:

 Provincia: A Coruña.

 Corporación: Pontedeume.

 N.º de código territorial: 15069.

Funcionarios de carreira. Segundo o artigo 76 da Lei 7/2007, grupo C, subgrupo C1.

 Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 2.

 Denominación: administrativo. Segundo o artigo 76 da Lei 7/2007, grupo A, subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica.

 Número de vacantes: 1. Denominación: arquitecto/a.

 Segundo o artigo 76 da Lei 7/2007, grupo C, subgrupo C1.

Clasificación: escala de Administración especial. Subescala de servizos especiais. Clase: policía local. Número de vacantes: 4. Denominación: policía local.

 Pontedeume, 23 de decembro de 2011. Gabriel Torrente Piñeiro Alcalde CVE-DOG: oiboit15

Cursos preparatorios Celga

ORDE do 4 de xaneiro de 2012 pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2012 (ED104B).

Acreditación de competencias adquiridas a través da experiencia laboral

 

ORDE do 29 de decembro de 2011 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais.

Navegación de artigos