Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Decembro 22, 2011”

Oferta de emprego para Cedeira

Oferta de Taxistas.

Advertisements

Oferta de emprego para Cedeira

Mecánico para Cedeira

Oferta de emprego Vilalba

Directivo para Vilalba

Autoridade Portuaria de Vigo

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral non fixo.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria de posto de traballo para cubrir unha (1) praza mediante contrato de revezamento ao 75% da xornada.

1 praza de mariñeiro/a-concurso-oposición.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web http://www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela, n.º 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidise en sábado, este finalizaría no seguinte día hábil.

Vigo, 2 de decembro de 2011.

Ignacio López-Chaves Castro
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO de convocatoria de postos de persoal laboral temporal.

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne realiza a convocatoria selectiva para a contratación, polo sistema de concurso e mediante contrato de duración determinada, de tres técnicos/as para o proxecto 0443_LAN_PYMEXPORT_1_E (REF.PER.-2011/09, REF.PER.-2011/10 e REF.PER.-2011/11), a través do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avenida de Galicia n.º 4, San Cibrao das Viñas, Ourense.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

San Cibrao das Viñas, 16 de decembro de 2011.

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

Universidade de Santiago de Compostela

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2011 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico superior de investigación, análise elemental, grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Recoñecemento da Experiencia Profesional

Aquí tes toda a información sobre o tema do recoñecemento da experiencia profesional e os certificados de profesionalidade.

Modificación bases praza padexeiro / operario Vicedo

O VICEDO

 Anuncio Modificación das bases reitoras da convocatoria para a cobertura, mediante concurso de méritos, por persoal laboral fixo, dunha praza de padexeiro/operario de servizos múltiples no Concello do Vicedo.

– Por resolución da Alcaldía de 7 de decembro de 2011 prestouse aprobación á modificación das bases reitoras da convocatoria para a cobertura, mediante concurso de méritos, mediante persoal laboral fixo, dunha praza de e padexeiro/operario de servizos múltiples no Concello do Vicedo, coa parte dispositiva que de seguido se transcribe:

 1.-Modificar o anexo I.- Baremo de méritos 5.- das bases da convocatoria para a cobertura , mediante concurso de méritos, por persoal laboral fixo, dunha praza de padexeiro/operario de servizos múltiples, publicadas no BOP da provincia de Lugo nº 267, de 22 de novembro de 2011, co seguinte contido: “5.- Por coñecemento acreditado da lingua galega: estar en posesión do certificado do lingua galega 2 (CELGA 2) ou equivalente, 0,50 puntos.”

 2.- Publíquese anuncio da modificación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. 13 Núm. 291 – Jueves, 22 de Diciembre de 2011 B.O.P de Lugo 3.- Dar traslado deste acordo á Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O Vicedo, 7 de decembro de 2011.- O Alcalde, Jesús Novo Martínez R

Navegación de artigos