Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Novembro 25, 2009”

APOIOS DE ESPECIAL INTENSIDADE PARA IMPULSAR NOVOS INVESTIMENTOS EN LUGO

O DOG publica os apoios de especial intensidade para impulsar novos investimentos nas provincias de Lugo e Ourense
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe, 25 de novembro, a modificación das bases reguladoras dos incentivos económicos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que inclúe apoios de especial intensidade para os investimentos que se realicen nas provincias de Lugo e Ourense.
Estas medidas, xa en vigor, fan posible que os investimentos promovidos polas pequenas empresas poidan recibir subvencións de ata o 50% nestas provincias. As empresas medianas tamén podrán cubrir con apoios públicos ata o 40% dos investimentos. Son subvencionables a fondo perdido investimentos a partir de 200.000 euros, fronte aos 500.000 previstos a nivel xeral de Galicia.
O que se busca cos programas Impulsa Lugo e Impulsa Ourense é favorecer os investimentos produtivos para procurar un desenvolvemento harmónico, acelerando o desenvolvemento destas provincias e a súa progresiva equiparación coas provincias atlánticas.

NOVAS DE INTERESE NO DOG

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Resolución do 19 de novembro de 2009,
da Secretaría Xeral para o Deporte, pola
que se conceden subvencións a concellos
ao abeiro da Resolución do 30 de xullo
de 2009 pola que se aproban as bases
reguladoras para a concesión de subvencións
a concellos de Galicia, en réxime de
concorrencia competitiva, para a realización
de obras de construción, mellora,
acondicionamento e reforma de instalacións
e espazos deportivos e para a adquisición
de equipamentos deportivos e pola
que se convocan as correspondentes ao
ano 2009.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Corrección de erros.-Orde do 7 de outubro
de 2009 pola que se establecen as bases
reguladoras para a concesión, en réxime
de concorrencia competitiva, das subvencións
para o financiamento de accións
orientadas a produtos ou servizos de innovación
tecnolóxica relacionados co Xacobeo
2010, e se procede á súa convocatoria
para o ano 2009.

INSTITUTO GALEGO DE
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Resolución do 19 de novembro de 2009
pola que se fai público o acordo do Consello
de Dirección do Instituto Galego de
Promoción Económica, polo que se modifican
as bases reguladoras dos incentivos
económicos para a aprobación de apoios
específicos á provincia de Lugo.

OFERTA SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO

Datos de la oferta número:122009019710

Fecha de inicio:  20/11/2009     Provincia: LUGO

Descripción 

INTÉRPRETE DA LINGUAXE DE SIGNOS

Datos: 

Localidad de Ubicación del Puesto: 
VIVEIRO(LUGO)

  Datos adicionales:
NECESÍTASE TÉCNICO/A SUPERIOR DA LINGUAXE DE SIGNOS
Datos de contacto:
902 125 000 / emprego.xunta.es

Navegación de artigos