Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Novembro 24, 2009”

NOVAS DE INTERESE DOG BOP 24 DE NOV

Excma. Deputación Provincial
CONVOCATORIA CURSOS DO PLAN PROPIO DA DEPUTACIÓN DE LUGO PARA O ANO 2009

CONSELLERÍA DE CULTURA
E TURISMO
Orde do 11 de novembro de 2009 pola que
se modifica a Orde do 10 de agosto de
2009 pola que se establecen as bases reguladoras
para a concesión en réxime de
concorrencia competitiva, das subvencións
a empresas privadas para a creación e
mellora de establecementos turísticos, e se
procede á súa convocatoria para o ano
2009 (CT983G).

INSTITUTO GALEGO DE
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Resolución do 11 de novembro de 2009
pola que se modifican as bases reguladoras
das axudas do Instituto Galego de
Promoción Económica para o apoio
financeiro aos investimentos das pequenas
e medianas empresas de Galicia financiados
con fondos do Instituto de Crédito Oficial
(ICO) ao abeiro das liñas ICO 2009,
instrumentadas mediante convenio de
colaboración entre o Instituto Galego de
Promoción Económica (Igape) e as entidades
financeiras.

CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Orde do 29 de outubro de 2009 pola que
se convoca un curso de formación en hábitos
de saúde e deporte: hábitos alimenticios
e actividade física.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 18 de novembro de 2009 pola que
se amplía a dotación orzamentaria da
Orde do 20 de marzo de 2009 pola que se
convocan para o exercicio orzamentario de
2009 as axudas para fomentar a produción
de produtos agroalimentarios de calidade
de orixe animal.

Orde do 18 de novembro de 2009 pola que
se amplía a dotación orzamentaria da
Orde do 29 de abril de 2009 pola que se
modifica a Orde do 24 de xuño de 2008,
pola que establecen as bases reguladoras
de concesión de axudas, en réxime de concorrencia
competitiva, para a renovación
do parque de maquinaria agrícola da
Comunidade Autónoma de Galicia, e se
convocan para o ano 2009.

Navegación de artigos