Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Novembro 5, 2009”

NOVAS DE INTERESE DOG 5 NOV

CONSELLERÍA DE MEDIO
AMBIENTE, TERRITORIO
E INFRAESTRUTURAS
Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo
que se establecen as axudas públicas en
materia de vivenda a cargo da Comunidade
Autónoma de Galicia e se regula a xestión
das previstas no Real decreto
2066/2008, do 12 de decembro, para o
período 2009-2012.

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN
DA IGUALDADE DO HOME
E DA MULLER
Resolución do 30 de outubro de 2009 pola
que se procede á publicación dos requirimentos
de emenda de documentación das
solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución
do 3 de agosto de 2009 pola que se
establecen as bases reguladoras que rexerán
as subvencións para o apoio ao emprendemento
feminino (programa Emega) e se
convocan axudas para o ano 2009.

NOVAS DE INTERESE DOG 4 NOV

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA
Resolución do 15 de outubro de 2009, da
Secretaría Xeral para o Deporte, pola que
se fai pública a lista de beneficiarios ao
abeiro da Orde do 13 de marzo de 2009,
pola que se regula o réxime de concesión
de subvencións aos concellos de Galicia de
menos de 10.000 habitantes para o desenvolvemento
de actividades deportivas no
ano 2009.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Resolución do 1 de outubro de 2009 pola
que se dá publicidade ás axudas concedidas
ao abeiro da Orde do 31 de decembro
de 2008, pola que se aproban as bases
reguladoras e se procede á convocatoria
para o ano 2009, en réxime de concorrencia
competitiva, das subvencións ás asociacións
profesionais de artesáns cuxo ámbito
de actuación se desenvolva na Comunidade
Autónoma de Galicia, para o fomento
do sector artesanal galego (Diario Oficial
de Galicia número 33, do 17 de febreiro).

CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Orde do 28 de outubro de 2009 pola que
se fai pública a ampliación dos importes
existentes para a concesión das axudas
previstas na Orde do 29 de decembro de
2008 pola que se establecen as bases que
regulan, para o exercicio do ano 2009, as
axudas e subvencións para o fomento do
emprego a través dos programas de cooperación,
e se procede á súa convocatoria.

Orde do 29 de outubro de 2009 pola que se
fai pública a ampliación da dotación orzamentaria
para a concesión das axudas
establecidas nas ordes de convocatoria
para o ano 2009 reguladoras dos programas
para a promoción do emprego autónomo
e de integración laboral das persoas
con discapacidade en centros especiais de
emprego e na empresa ordinaria, cofinanciados
polo Fondo Social Europeo.

Navegación de artigos