Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Máis de 10.000 traballadores beneficiaránse dos 45 millóns de euros dirixidos á incentivar a contratación por conta allea

O obxectivo desta actuación, promovida pola Consellería de Traballo, é elevar a taxa de estabilidade do mercado laboral de Galicia, ademais de axudar a configurar un mercado de traballo máis inclusivo

O prazo de solicitude destas axudas remata o 15 de setembro, agás no caso dos programas de incentivos a plans empresariais que remata o vindeiro 31 de xullo


Santiago, 13 de xuño de 2007.- Máis de 10.000 traballadores beneficiaranse dos 45 millóns de euros dirixidos a incentivar a contratación por conta allea. Esta partida orzamentaria, xestionada pola Consellería de Traballo, ten por finalidade elevar a taxa de estabilidade do mercado laboral da Comunidade Autónoma. Ademais, búscase configurar un mercado de traballo máis inclusivo no que se atopen representados todos os colectivos sociais.

O reforzamento das taxas de estabilidade dirixidas a favorecer a contratación por conta allea de carácter indefinido faise compatible co fomento de contratación de traballadores en prácticas. Nalgúns casos, esta modalidade pode constituír un instrumento adecuado, como medida de inserción laboral para desempregados con titulacións de difícil empregabilidade ou cando se contraten en pequenas empresas de ata 30 traballadores.

As mulleres é un dos colectivos especialmente atendidos no conxunto de incentivos á contratación indefinida. O obxectivo é poñer a disposición das mulleres galegas medidas activas de política laboral, que favorezan a súa inserción no mercado laboral, a súa representación equilibrada en todas as profesións e sectores de actividade, así como unha maior participación na taxa de actividade e ocupación. Ademais, contribúese a reducir o diferencial da taxa de desemprego entre homes e mulleres.

Axudas aos plans empresariais de incremento da estabilidade
Por outro lado, a Consellería de Traballo estableceu un programa de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento de estabilidade. Neste senso, esíxeselles as empresas que queiran acollerse a estas axudas acadar unha porcentaxe igual ou superior ao 72,50% de taxa de estabilidade.

Non obstante, consciente da importancia de que as taxas de estabilidade dos diferentes sectores de actividade se determinen mediante un acordo sectorial consensuado e pactado, regulase para o ano 2007 unha orde independente, o procedemento e os requisitos para acadar os acordos sobre a taxa nos diferentes sectores de actividade.

Dada a necesaria complementariedade entre as actuacións da Administración autonómica e da Administración estatal para fomentar un emprego estable e de calidade, as axudas para o fomento do emprego establecidas pola Xunta de Galicia son compatibles cos programas estatais de fomento do emprego en base a bonificacións das cotas empresariais á Seguridade Social aplicables en todo o Estado.

O prazo de presentación para acollerse a esta liña de incentivos á contratación por conta allea remata o 15 de setembro e, no caso dos programas de incentivos a plans empresariais o prazo finaliza o vindeiro 31 de xullo.

Advertisements

Single Post Navigation

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: