Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

INFORMACIÓN SOBRE A IMPLANTACIÓN DA GARANTÍA XUVENIL

O 5 de xullo publicouse no BOE o Real Decreto-lei 8/2014, do 4 de xullo, en cuxo título IV se aborda o Sistema de Garantía Xuvenil (https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2014-7064).

O Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ten por finalidade principal que as persoas novas non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación e que sexan maiores de 16 anos e menores de 25, e no caso de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento maiores de 16 anos e menores de 30, poidan recibir unha oferta de emprego, educación continua, formación de aprendiz ou período de prácticas tras rematar a educación formal ou quedar desempregadas.

Para beneficiarse da atención do Sistema Nacional da Garantía Xuvenil será necesario estar inscrito no ficheiro establecido no real decreto-lei.

O día de hoxe pusoxe en marcha no “Portal de Garantía Juvenil” do Ministerio de Empleo e Seguridade Social (http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/home.html) o aplicativo para a inscrición telemática dos mozos e mozas interesados en participar no Sistema.

O procedemento de inscrición estableceuse de xeito telemático a través de identificación electrónica (DNI electrónico, Ccertificado electrónico válido recoñecido ou outros medios recoñecidos) e con usuario e contrasinal, que poderá solicitarse mediante presentación do formulario, que pode descargarse no mesmo Portal de Garantía Xuvenil, en calquera das oficinas de rexistro da Administración Xeral do Estado ou da súa Comunidade Autónoma, entre outros.

Para os supostos de persoas en risco de exclusión social acreditados mediante certificado dos servizos sociais pertinentes e/ou discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 por cento, poderase solicitar a inscrición de forma non telemática mediante presentación de formulario habilitado para tal propósito polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social en calquera oficina de rexistro.

Single Post Navigation

Os comentarios están pechados.